A peza conservase completa salvo por dúas escoriacións na zona activa dunha das caras e no fío. A morfoloxía xeral da peza é de tendencia trapezoidal, con sección lateral rectangular, e cara convexa e irregular. Os lados do machado son semirectos, con arestas converxentes curvas, inda que ambas sexan lixeiramente asimétricas. No caso da zona activa e o fío a forma é de tendencia convexa-simétrica. Na vista lateral do lado proximal advírtese que este está truncado, sendo recto na vista frontal. Entre a zona distal e a medial presenta un levantamento concoidal orientado transversalmente ao eixo da peza, que podería ser consecuencia dun impacto por uso ou debido ás condicións de conservación e/ou manipulacións postdeposicionais. Na cara oposta é onde se detecta un maior aplanamento. Nesta mesma cara presenta alteracións na pátina de envellecemento, con falta de material que xunto coas mencionadas escoriacións leva a falar dun patente desgaste. A superficie é opaca, e está puída integramente salvo nos casos citados, amosando un tenue brillo, xunto cunha textura fibrosa con cores de tonalidades escuras (azuis, cincentas e marróns). Índices: IL. 1,60, IA. 1,03, IE. 0,56. Machado tipo II.