Sen título (CE000497)

Sen título (CE000497)
Sen título (CE000497)
Comentario

A morfoloxía xeral da peza é de tendencia trapezoidal, con seccións laterais rectangulares, caras convexas, lados rectos e arestas converxentes con tendencia rectilínea. No caso da zona activa o gume é convexo-asimétrico, cunha das caras mais curvada. Na zona proximal, as vistas frontal e lateral do talón son irregulares, con tendencias recta e truncada, respectivamente. Nesta parte da peza obsérvanse dous lenes rebaixes concoidais, en cada cara, que se orientan en paralelo ao eixo da peza ata acadar a zona medial, podendo ser intencionais como parte da preparación para mangar o machado. Estas marcas serían as alteracións mais salientables que se derivarían do proceso de elaboración da peza, pois no resto da superficie o puído das caras é fino, sendo os lados mais groseiros. Esta superficie tamén amosa alteracións que poderían ter orixe na manipulación posdeposicional, cunha perda do brillo orixinal. O resto de propiedades serían unha textura fibrosa con cores de tonalidades escuras (azuis, cincentas e marróns). Finalmente, só engadir que a diferente morfoloxía das caras podería estar en relación coa función e a ergonomía e/ou cinemática da peza.