Sen título (CE000498)

Sen título (CE000498)
Sen título (CE000498)
Comentario

A peza conservase completa salvo por unha escoriación ou macrofractura na zona activa dunha das caras e a fractura do talón. Estas alteracións só permite falar dunha morfoloxía xeral de tendencia trapezoidal, con sección lateral recta e cara convexa. No que atinxe aos lados da peza estes son rectos, con arestas lixeiramente converxentes e asimétricas. No caso da zona activa e o fío, alén da fractura concoidal, a peza amosa unha forma aparentemente convexa simétrica. Na vista lateral da parte proximal o talón está fracturado e evidencia un mínimo de tres impactos mecánicos nun dos laterais provocando senllos negativos. Esta perda de materia do talón dificulta a descrición da vista cenital do talón, que semella de tendencia subrectangular. Ademais das alteracións mencionadas, o macrodesgaste é o propio da manipulación da peza, que se fai patente en rabuños que permiten observar a cor natural da materia prima baixo a pátina de envellecemento. Esta superficie é opaca e, salvo nos laterais, o puído ten unha extensión irregular que amosa un brillo tenue e sedoso xunto cunha textura fibrosa de cores escuras (azuis, cincentas e marróns).