Cruz realizada en prancha de bronce. O seu esquema segue o tipo de cruz latina abreviada, con brazos que parten dun pequeno cuadrón central cadrado. Presenta un movido perfil festoneado, decorado en todo o seu contorno por unha crestería vexetal a modo de cardinas e con expansións ou saíntes flordelisados no centro dos brazos e pequenas vagas ou froitos torneados cara ós extremos e outros de factura similar que se proxectan desde os ángulos do cuadrón. Non conseva na actualidade os que rematan os brazos.
A superficie mostra unha ornamentación sinxela, cun cordón sogueado en relevo no centro dos brazos e motivos de estrelas e pequenos círculos incisos, ademais dunha fina liña perfilando os travesaños.
Tampouco conserva o canón nin a macolla, que neste tipo de pezas soe ser moi simple, normalmente de tipo globular con moldura central sogueada e gallos realizados mediante leves incisións.
No anverso ostenta unha figura fundida do Crucificado (dun material máis cobrizo que o resto da cruz), que responde ás características do último gótico. Trátase dun Cristo sufrinte ou doloroso, cos pes suxeitos cun so cravo, o que obriga á postura forzada das pernas, anatomía magra e detallada e cun curto pano de pureza anoado nun costado.
No reverso da cruz, liso ofrece unha imaxe en relevo, tamén fundida e hoxe soldada con chumbo, da Virxe co Neno en brazos de influxo renacente.