Calvario

Calvario
Calvario
Comentario

Placa de marfil de forma rectangular con representación dun Calvario en medio relevo enmarcado por unha madeira moldurada negra. Cristo aparece morto coa cabeza inclinada cara á dereita coroado de espiñas e con nimbo. A súa anatomía é coidada e repousada sinalando pectorais e veas, soamente se violenta na posición dos pés que xiran cara ó nocello. O pano de pureza anóoase á dereita. Aos pés da cruz, de brazos anchos e travesa vertical apenas sobresaíndo atópase a Madalena axeonllada, abrazando a Cruz. Seus longos cabelos caen en ondas ata a cintura sobre un manto e túnica con escote de perlas pequenas e pregado en ondas moi caídas. O tratamento repítese nas roupaxes da Virxe que en actitude suplicante abre os brazos. Á esquerda san Xoán recollendo coa man uns pesados pregos en forma de abanos equilibra a composición. Aínda que a peza responde a gustos barrocos, o seu equilibrio compositivo fundaméntase en modelos máis antigos, tanto flamencos como italianos, que se difundiron por medio do gravado e que estas pequenas pezas de uso familiar copiaron.