Este mes, o MAPOUR convídate a descubrir e gozar de novas propostas para coñecer o noso patrimonio.
Axenda de maio:
-Arqueoloxía en monodose: "Idade Media no Val do Alto Támega: O exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada Das Chás-Castelo de Lobarzán", por Víctor Rodríguez Muñiz.
📝 Entrada libre ata completar capacidade.
📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)
📅 Cando: Luns 12 de maio, ás 19:30 h.
- Presentación da peza do mes: "Cáliz Tardogótico", da man de Ángel Domínguez López.
📝 Entrada libre ata completar capacidade.
📍 Onde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)
📅 Cando: Mércores 14 de maio, ás 20:00 h.
-Día Internacional dos Museos 2025: Visita ao Castro de Castromao e presentación da Guía de Patrimonio “Castromao”, por Luis Orero Grandal e Francisco Fariña Busto.
📝 Facilitarase o traslado en autobús. Inscrición necesaria, máis información en breve, para calquera consulta mapour@xunta.gal ou 988 788 439
📅 Cando: Xoves 22 de maio:
📍 Castro de Castromao, Celanova (Visita)
🕓 16:00
📍Biblioteca do IES Celanova (Presentación da Guía de Patrimonio “Castromao”)
🕕 18:00
-Arqueoloxía en monodose: "Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois", por Luis Orero Grandal.
📝 Entrada libre ata completar capacidade.
📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)
📅 Cando: Luns 26 de maio, ás 19:30 h.