A conferencia do pasado luns no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Pilar Fatás Monforte sobre o Múseo Nacional de Altamira, pódese visualizar a continuación:
A conferencia do pasado luns no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Pilar Fatás Monforte sobre o Múseo Nacional de Altamira, pódese visualizar a continuación:
A conferencia de onte no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Emilio Ramil sobre Monumentos con Forno en castros costeiros do Ortegal e da Mariña Lucense, pódese visualizar a continuación.
A intervención do pasado luns no ciclo «Arqueoloxía en Monodose» de Luis Grau, director do Museo de León, acerca da historia da institución leonesa e o proceso da montaxe na súa actual sede na praza de Santo Domingo de León, pódese consultar no canal de YouTube do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
A intervención «A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias», impartida por Guillermo Díaz Bouzas, abordou o impacto da IA na xestión museística, nun contexto de sobrecarga informativa onde estas ferramentas facilitan a toma de decisións e a automatización de tarefas.
A intervención «Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba», impartida por Manuel García Cabo, presentou os resultados das campañas de escavación no xacemento. As sondaxes iniciais amosaron resultados non diagnósticos, revelando estruturas murarias, tumbas, algunhas destruída por muros medievais.
A intervención «Da arquitectura á arqueoloxía des igrexas altomedievais hispánicas (séculos VIII-X)», impartida por María Ángeles Utrero Agudo, abordou o período altomedieval como un espazo de convivencia e tensión entre a cultura islámica e a cristiá, co 711 como punto de inflexión na evolución construtiva.
As conferencias “Gallaecia, o Reino Suevo e Galicia”, impartida por Francisco Pérez Rodríguez, e “Presenza visigoda no Bispado Bracarense: o exemplo do Alto Támega”, a cargo de Víctor Rodríguez Muñiz, ofreceron unha visión complementaria sobre a transición do mundo romano á plena Idade Media no noroeste peninsular, centrándose na evolución política, territorial e material da antiga Gallaecia.