A conferencia “A neveira de Pardeconde e a conservación dos bens de madeira”, impartida onte por Luis Cordeiro Maañón e María Martín Seijo, abordou a escavación da neveira de Campo Eirado como exemplo paradigmático das estruturas tradicionais de almacenaxe de xeo na Península Ibérica. Activas desde a Idade Media, con especial desenvolvemento a partir do século XVI polo seu valor alimentario e terapéutico, estas infraestruturas reflicten unha evolución técnica e social significativa. O achado de ferramentas de madeira do século XIX, conservadas en condicións excepcionais grazas á humidade constante do pozo, permite avanzar no coñecemento dos procesos de fabricación destes bens. Ao mesmo tempo, a súa complexa conservación e estudo, que inclúe análises anatómicos e microbiolóxicos, achega datos sobre os materiais empregados e sobre como tratalos de forma efectiva para garantir a súa supervivencia ao paso do tempo.
Arqueoloxía en monodose: "A neveira de Pardeconde e a conservación dos bens de madeira"
