Na conferencia de onte, titulada “O berce do Homo erectus no altiplano etíope: os xacementos de Melka Kunture”, o profesor da UVIGO Eduardo Méndez Quintas destacou a importancia deste enclave para o estudo da evolución humana. A zona, que vén sendo investigada desde 1962 e actualmente baixo dirección italo-española, proporcionou unha secuencia arqueolóxica excepcional.
Busca
¡Volven as visitas guiadas ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense!
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web de Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Este buscador permítelle o acceso aos fondos catalogados en Domus (Sistema Integrado de Documentación e Xestión Museográfica) desenvolvido polo Ministerio de Cultura e implantado nos Museos de Galicia polo Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para facilitar o acceso da cidadanía ao patrimonio galego.
#aculturasegue O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense plantexa con motivo do #DIM2020 (Día Internacional dos[...]
Estes fondos forman unha das series máis significativas do Museo xuntamente coas de escultura galaicorromana e o propio edificio.
Orixe do Museo Provincial ó recollerse con este fin todos os obxectos artísticos procedentes dos mosteiros e conventos suprimidos pola Desamortización de Mendizábal. Esta sección reúne na actualidade un numeroso elenco de pezas de moi variada significación e valor artístico. Os fondos de arte antiga e medieval incluíronse entre as series histórico-arqueolóxicas que permiten a súa contextualización, mentres que os de época moderna e contemporánea aparecen como series propiamente artísticas.
Para pedidos de publicacións póñase en contacto co departamento de publicacións do Museo Arqueolóxico, especificando[...]
Entrada Praza MaiorApartado de Correos, 145.
32080 Ourense.Tel.: 988 788 439 | Fax.: 988 7 88[...]
Representa o momento cultural máis peculiar da historia do Noroeste, a cultura local da Idade de Ferro, tradicionalmente vinculada co mundo céltico, aínda que haxa que matizar o alcance desta consideración.
#aculturasegue O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos 2020 que ten, entre[...]
O fondo bibliográfico que se recolle neste catálogo é basicamente de monografías, aínda que inclúe algunhas pulicacións periódicas e parte da colección da Biblioteca da Comisión de Monumentos, que pouco a pouco iremos incorporando na súa totalidade. As referencias tanto da colección de periódicas, moi rica por número de títulos e pola súa calidade, como de outros fondos que constitúen a nosa biblioteca, poden ser consultados no propio Centro nas bases de datos coas que contamos.
Os formularios deben de ser solicitados ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense por correo (mapour@xunta.gal) ou por teléfono (988 788 439).
Unha vez cubertos remitiranse por correo electrónico ou postal ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Ao cubrir os formularios debe ler e aceptar as políticas de privacidade.
Por Orde ministerial de 31 de decembro de 1941 (B.O.E. de 7 de xaneiro de 1942) créase o Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo Provincial de Ourense, baixo o nome do eximio arqueólogo D. Marcelo Macías y García. A constitución oficial terá lugar o día 14 do mencionado mes de xaneiro.
O grupo xorde co obxecto de contribuír co seu traballo persoal ao fomento do Museo, tomando baixo a súa responsabilidade a publicación do Boletín Avriense, recollendo os traballos de investigación histórico-arqueolóxica e servindo de medio de difusión do Museo.
O Museo naceu por iniciativa da Comisión Provincial de Monumentos en 1845, e tivo a súa sede no edifico do antigo Colexio dos Xesuítas da actual rúa de Lamas Carvajal, de onde foi desaloxado en 1852, dispersándose os seus fondos, trasladándose despois ás oficinas da Deputación Provincial, que por aquelas datas se atopaba no antigo Convento de San Domingos.
Na colección do Museo recóllese unha panorámica sobre a presenza romana neste recanto de Galicia e que marca os fitos da conquista e organización do territorio -campamento romano de Aquis Quarquernis-, a reorganización do poboamento castrexo e a súa transformación en novos núcleos como é o caso de Castromao -Coeliobriga como se pode identificar pola mención explícita da tessera hospitalis na que se recolle o tratado de hospitalidade recíproca entre os seus habitantes, os Coelerni, e o Prefecto da I Cohors dos Celtiberos-, o da Cidade do Castro de San Millán (Cualedro) ou o máis próximo a Ou
O edificio onde ten a súa sede o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, adquirido para este fin en 1951, foi con anterioridade Pazo Episcopal e comezou a ser edificado no primeiro terzo do século XII polo bispo don Diego II (1100-1132), conservando parte do seu núcleo orixinal (no que hai que incluír as partes construídas entre o comezo da obra e o episcopado de don Lorenzo, 1218-1248) ó redor do claustro.
A través das coleccións do museo podemos facer un percorrido polas diferentes culturas e pobos que ocuparon o terreo da provincia de Ourense ó longo da súa historia.
Os primeiros testemuños de ocupación humana corresponden ó paleolítico, con mostras representativas de xacementos como A Piteira, As Eiroás, A Regata, etc. Tamén os enxovais procedentes das escavacións de necrópoles megalíticas como as do Val do Salas, Monte Albán, Mugueimes, Muíños, Outeiro de Cavaladre e diversos machados dispersos da mesma etapa cultural.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense encóntrase inmerso nunha ampla reforma que afecta ó edificio no que ten a súa sede, o primitivo pazo do bispo de Ourense, sito na Praza Maior da Cidade.
As obras obrigan a manter pechado ó público os espazos expositivos e a ter nun emprazamento provisorio o resto dos servizos do Museo, en tanto non se recupera como unha totalidade o edificio, que é o conxunto mellor conservado do románico civil, ao que se engadiron elementos posteriores que acrecentan o seu valor construtivo.