Visita guiada ao Cemiterio de San Francisco

Visita guiada ao Cemiterio de San Francisco

*AFORO COMPLETO*

 

Guiados pola man experta de Afonso Vázquez-Monxardín, visitaremos un dos cemiterios históricos de Ourense, no que teremos ocasión de coñecer o lugar no que descansan as personaxes desta cidade como Piñeiro, Malingre, Marcelo Macías, Otero Pedrayo, Cuevillas, Blanco Amor, Parada Justel...
Ao mesmo tempo celebraremos o XXV aniversario da súa declaración como Ben de Interese Cultural e os XV anos como membro da Asociación Europea de Cemiterios Singulares.

🕔 De 17:00 a 19:00 horas no Cemiterio de San Francisco (Rúa da Granxa – Ourense)

🎟️ Actividade de balde, prazas limitadas.*AFORO COMPLETO*