NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Cultura castrexa

Cultura castrexa

Cabeza de guerreiro de Rubiás, Bande Cabeza de guerreiro de Rubiás, Bande

Representa o momento cultural máis peculiar da historia do Noroeste, a cultura local da Idade de Ferro, tradicionalmente vinculada co mundo céltico, aínda que haxa que matizar o alcance desta consideración. Series de materiais como as do Neixón (Cespón, A Coruña) ou do Castro de Troña (Mondariz, Pontevedra), que proceden das escavacións realizadas por Cuevillas, Lorenzo e Pericot, enlazan coas procedentes de Cameixa (Boborás), Couto do Mosteiro (O Carballiño), Couto de Louredo (Toén), Castro de Lebosandaus (Santa Cristina de Montelongo-Bande), ou Coeliobriga (Castromao-Celanova) e coas de Lansbrica (San Amaro-Punxín), nome da época da Cidade de San Cibrán de Las. Este lugar, ó igual que boa parte dos xacementos mencionados, ben merece unha visita. Todos eles forman conxuntos representativos das diversas etapas desta época tan singular do noroeste peninsular e nas que non faltan exemplares representativos da tan coñecida xoiería do ouro, como a arracada de Vilar de Santos ou os aros de suxeición do cabelo de Regodeigón e os múltiples moldes e tortas de fundición, como o tesouriño de Calvos de Randín ou o de Castromao.

A escultura castrexa e galaicorromana posiblemente sexa unha das mostras máis representativa e singular do Museo. Ó lado de pezas como os guerreiros de Armeá, os sedentes de Xinzo de Limia ou a Cabeza de Rubiás, representativas dunha plástica propia do mundo castrexo pero en contacto coas fórmulas das correntes plebeas da arte romana, contamos con toda unha variada e numerosa serie de temas decorativos procedentes de diversos xacementos, algúns como os xa citados de Armea, Rubiás, Lansbrica (A Cidade de San Cibrán de Las), Coeliobriga (Castromao) e outros dos que só se coñecen estes restos, como os de San Pedro de Beiro e os de San Facundo, que nos ilustran sobre a riqueza formal que se alcanzou na etapa final do mundo castrexo e comezos da etapa galaicorromana.