NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Exposicións

Exposición fotográfica organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que, tras ser exposta na cidade, vai itinerar por diferentes localidades da nosa provincia.

De marzo a xuño poderemos desfrutala no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

O mércores 20 de setembro, tivo lugar o acto de inauguración da exposición de fotografías OURENSE. ANOS 20, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, no Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20).

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense produciu a exposición “Ourense. Anos 20”, comisariada por Avelino Rodríguez, que recolle con corenta imaxes aspectos da vida social, económica e cultural da cidade e da provincia durante os convulsos anos vinte do século pasado, con fondos propios do museo e cesións doutras institucións e particulares.

  • Onde:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense
  • Datas:

    2 decembro / 26 febreiro 2023

  • Horario:

    Luns a venres: de 17.30 a 20.30 h

    Sábados, domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

O venres 2 de decembro, ás 12 horas, tivo lugar o acto de inauguración da exposición "Plástica Castrexa" organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na sala de exposicións Afundación en Ourense (Praza Maior, 4).

Con motivo da exposición “Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán” elabórase este vídeo sobre a creación e estampaxe dun gravado a punta seca co artista plástico Roberto González Fernández.

Éxito de público na visita guiada á exposición: «Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán» organizada polo Museo Arqueolóxico e realizada pola Comisaria da exposición, Prof. YOLANDA BARRIOCANAL LÓPEZ.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense organiza unha VISITA GUIADA pola Comisaria da exposición Prof. YOLANDA BARRIOCANAL LÓPEZ.

O día 2 de decembro de 2021 ás 19:00 h.

Prazas limitadas.

Na sala de exposicións Afundación Ourense. Praza Maior, 4.

Necesaria inscrición previa no teléfono 988 788 439