A través da colección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense podemos facer un percorrido polas diferentes culturas e pobos que ocuparon o territorio da actual provincia de Ourense ao longo da súa historia. Dentro da variedade da súa colección, unha das series significativas do museo é da arte prerrománica.
Con este nome coñecemos o conxunto de manifestacións artísticas que se desenvolveron na Europa occidental desde a desaparición do Imperio Romano de Occidente ata o século XI.
Esta exposición, comisariada por Avelino Rodríguez, nada da colaboración entre a Casa de Galicia en Madrid, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, permite trasladar á cidadanía de Madrid unha significativa mostra do patrimonio de Ourense.
A mostra estará dispoñible desde o 10 de decembro de 2025 ata o 25 de xaneiro de 2026, de luns a sábado (10:00-14:00 e 16:00-20:00) e domingos e festivos (de 10:00-14:00), estes horarios poderán cambiar en función das demais actividades da Casa de Galicia en Madrid.