Proxectos

O Grupo Marcelo Macías, de colaboradores do Museo e Arquivo Provinciais, no marco das actividades de difusión e promoción cultural que promove, realizou ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro de 2013, unha xeira de visitas comentadas no xacemento de Santomé.

As visitas gratuitas fixeronse de xoves a domingo en horario de mañá de 11,30 a 13,30 h. e de tarde, de 17,30 a 21 h. con saída dende a caseta de información do xacemento.

www.altalimia.org

Nesta web poderase acceder a todo o catálogo con diferentes campos de busca: etapa histórica, tipoloxía, estilo, concello, parroquia ou lugar. A catalogación abrangue o territorio dos concellos de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Sarreaus, Porqueira, Os Blancos, Trasmiras e Baltar, integrados todos eles na comarca natural da Limia Alta, no sueste da provincia de Ourense.

O Grupo Marcelo Macías participa neste proxecto que se leva a cabo en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e que financia a Fundación Pedro Barrié de la Maza, por medio da Convocatoria de proxectos en Colaboración 2006-2007.