NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Visitas guiadas ao xacemento de Santomé

Visitas guiadas ao xacemento de Santomé

O Grupo Marcelo Macías, de colaboradores do Museo e Arquivo Provinciais, no marco das actividades de difusión e promoción cultural que promove, realizou ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro de 2013, unha xeira de visitas comentadas no xacemento de Santomé.

As visitas gratuitas fixeronse de xoves a domingo en horario de mañá de 11,30 a 13,30 h. e de tarde, de 17,30 a 21 h. con saída dende a caseta de información do xacemento.

A actividade encádrase nun proxecto de axudas a asociacións e institucións culturais para a realización de programas culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

A converxencia dos valores históricos, característicos dun complexo xacemento arqueolóxico, cos naturais derivados dunha vexetación peculiar, converten este lugar de Santomé, situado a escasamente 3 quilómetros da capital da provincia de Ourense, nun espazo privilexiado no contexto da animación sociocultural.

O castro asenta nun esporón rocoso sobre o río Loña que lle serve de defensa natural polo sur e o oeste e completa o dispositivo defensivo cunha muralla, foso e terraplén. As intervencións realizadas na croa permiten contemplar un entramado artellado a partir dunha rúa central, que desemboca nun espazo máis amplo a modo de praza, resultado dun proceso de ocupación e reocupación do sector castrexo.

No poboado tardorromano escaváronse dúas unidades habitacionais, que, con lixeiras variantes, reproducen o mesmo esquema funcional, organizadas a partir dun espazo central aberto, a modo de patio con reminiscencias no adro na casa romana.

Por outra parte, se engade ao valor histórico/arqueolóxico o do patrimonio natural, cunha vexetación característica da “depresión ourensá”, con gran variedade de especies, algunhas pouco frecuentes.

Máis información sobre o conxunto arqueolóxico-natural de Santomé aquí.