En 1887 inaugurouse en Ourense a estatua do Padre Feijoo, nun contexto de celebracións polo II Centenario do seu nacemento. Entre os elementos efémeros construídos para a ocasión destacou un arco triunfal de carácter neomudéxar, deseñado por Antonio Torres Tirado. A estrutura, situada na antiga Travesía da rúa de Alba, estaba formada por un gran arco de ferradura flanqueado por dúas torres ameadas.
Peza do mes
Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.
Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.
A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.