NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Urna de Cameixa

Urna de Cameixa

Decembro 2024
-
Belén Lorenzo Rumbao
Urna de Cameixa
Urna de Cameixa

Esta peza descubriuse no ano 1997 nunha fosa próxima ao castro de Cameixa, escavado nos anos 40 por Florentino López Cuevillas e Xoaquín Lorenzo.

A fosa estaba illada e contiña restos de incineración. Trátase dun recipiente grande (19,5 litros) feito a mán, con decoración plástica de cordóns e mamelóns, que combina elementos locais e posibles influencias atlánticas. A datación radiocarbónica sitúa o seu uso no Bronce Inicial (2335-2039 a.C.), durante o período campaniforme en Galicia.

O contexto do achado e a urna indican un enterramento por cremación, reflectindo os cambios nos rituais funerarios da época, cando se comeza a abandonar o megalitismo por formas máis sinxelas como fosas, cistas e tumbas en covas. Esta diversidade funeraria ilustra as crenzas e actitudes cara á morte no noroeste peninsular durante a Idade do Bronce.