NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Equipamento pesqueiro fluvial antigo

Equipamento pesqueiro fluvial antigo

Xaneiro 2025
-
Laura Casal Fernández
Equipamiento pesquero fluvial antiguo
Equipamiento pesquero fluvial antiguo

A cuestión pesqueira en Galicia, tanto marítima como fluvial, ten na arqueoloxía un campo de estudo que evidencia a importancia económica e cultural desta actividade na antigüidade. Mentres que no ámbito costeiro destacan os xacementos de salinas e factorías de salga, no interior a pesca fluvial é menos visible arqueoloxicamente debido á escaseza de evidencias construtivas, ao que se suma a dificultade para conservar restos orgánicos como espiñas, escamas ou o tecido das redes. Os anzois metálicos e os lastres, especialmente de chumbo e pedra, constitúen os principais testemuños materiais desta actividade, documentados en sitios como Lucus Augusti, Santomé ou o castro do Castelo de Laias. A polivalencia de certos instrumentos, como as pesas cerámicas ou pétreas, dificultan a súa adscrición a unha función concreta, pero a análise etnográfica e o estudo comparado en contextos atlánticos e mediterráneos ofrecen valiosas liñas de investigación para comprender mellor o instrumental e as técnicas de pesca no pasado.