CÁLIZ TARDOGÓTICO

CÁLIZ TARDOGÓTICO

Maio 2025
-
Ángel Domínguez López

O cáliz obxecto de estudo, conservado no Museo Arqueolóxico de Ourense e cunha datación aproximada arredor da primeira metade do século XVI, constitúe un exemplo representativo do tardogótico na ourivaría litúrxica peninsular. Realizado en prata coa copa sobredourada, destaca pola súa base circular, hastil poligonal e un característico nó formado por casquetes semiesféricos decorados. A pesar de carecer de marcas de autoría ou procedencia, a súa tipoloxía e decoración vincúlano con obradoiros hispánicos da época, presentando semellanzas notables con cálices como o de San Ildefonso de San Cibrao das Viñas ou o de Santa María do Saviñao (Lugo). O seu deseño sobrio, adaptado ao uso diario, evidencia a asimilación progresiva de formas renacentistas, mantendo aínda elementos estruturais do gótico.