Esta peza descubriuse no ano 1997 nunha fosa próxima ao castro de Cameixa, escavado nos anos 40 por Florentino López Cuevillas e Xoaquín Lorenzo.
A fosa estaba illada e contiña restos de incineración. Trátase dun recipiente grande (19,5 litros) feito a mán, con decoración plástica de cordóns e mamelóns, que combina elementos locais e posibles influencias atlánticas. A datación radiocarbónica sitúa o seu uso no Bronce Inicial (2335-2039 a.C.), durante o período campaniforme en Galicia.