NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O edificio

Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O edificio

Febreiro 2024
-
Xulio Rodríguez González
Infografía do edificio do Museo
Infografía do edificio do Museo

A peza deste mes Proxecto museográfico. O edificio, e as dúas anteriores que lle precederon, inscríbense no desenvolvemento do Plan museolóxico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ferramenta de planificación e programación museística, imprescindible para acometer as necesarias obras de remodelación e ampliación do edificio, e adaptación da exposición permanente ás novas correntes museolóxicas.

A sede do museo é un edificio excepcional, a partir do que se pode reconstruír gran parte da historia de Ourense. Está situado na praza Maior, centro neurálxico da zona histórica. Coñecido desde a Idade Media como pazos, torres e curral do bispo, foi testemuña do devir histórico de nove séculos de vida da cidade, pola súa condición de pazo episcopal e residencia temporal do señor da cidade, ao tratarse dun señorío eclesiástico entre os séculos XII e XVI. O inmoble representa un excepcional expoñente da arquitectura civil románica e foi obxecto de diferentes ampliacións e reformas.