Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. A cidade

Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. A cidade

Xaneiro 2024
-
Manuel Xusto Rodríguez
Excavación do Museo
Excavación do Museo

Na nova exposición permanente do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense os restos arqueolóxicos, conxuntamente coa historia do edificio do Pazo episcopal, explícanse por medio de paneis individualizados formal e graficamente. Paralelamente e en diálogo, na primeira planta do edificio desenvolverase a área temática dedicada á cidade de Ourense, desde as súas orixes ata finais da Idade Media, cos seguintes módulos expositivos: Ourense romano, As termas e As Burgas como centro terapéutico-relixioso e hixiénico, A antigüidade tardía e o cristianismo e, finalmente, A cidade medieval.