NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Cunca tipo Alpiarça. Castromao

Cunca tipo Alpiarça. Castromao

Xuño 2024
-
Marta Martínez Parada
Cunca tipo Alpiarça
Cunca tipo Alpiarça

A peza que hoxe presentamos goza de gran singularidade, pois a súa presenza en Galicia só se documenta na actual provincia de Ourense. Coñécese co nome de cerámica de Alpiarça debido á similitude desta con cerámicas atopadas en estacións arqueolóxicas do centro e sur de Portugal. Este tipo de recipientes caracterízase polas formas carenadas, predominantemente abertas, e un coidado brunido das súas superficies, así como a ausencia de decoración, tendo un período de vixencia definido entre o Bronce Final e a Primeira Idade de Ferro.

Son moitos os achados que, ao longo de décadas de traballo, foron recuperados no xacemento arqueolóxico de Castromao, convertendo a capital dos Coelerni nun referente para o estudo da cultura castrexa do NO peninsular.