NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Lucerna. Campamento romano de Aquae Querquennae

Lucerna. Campamento romano de Aquae Querquennae

Setembro 2024
-
Tomás Vega Avelaira
Lucerna. Campamento romano de Aquae Querquennae
Lucerna. Campamento romano de Aquae Querquennae

Preséntase unha lucerna procedente do campamento militar de Aquae Querquennae, no concello de Bande, onde tería residido durante un tempo a cohors III da legio VII Gemina, para atender a vía XVIII que unía Braga (Bracara Augusta) e Astorga (Asturica Augusta). O xacemento, descuberto no ano 1921 por Florentivo L. Cuevillas, acompañado de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Farruco Pena, ven sendo escavado dende 1975 por Antonio Rodríguez Colmenero, Francisco Hervés Raigoso e Santiago Ferrer Sierra.

Esta lucerna foi documentada na campaña do ano 1986, baixo a dirección do profesor Rodríguez Colmenero, nun contexto cronolóxico no intervalo 74-120 d.C. A súa funcionalidade está relacionada habitualmente coa iluminación artificial doméstica, pero tamén pódese empregar en outros contextos como os cultuais, tanto públicos como privados, ou nos funerarios.

Esta peza, aínda conservando apenas o corpo e parte do pico, permítenos coñecer o obradoiro do que procede grazas ao selo na base «FORTIS»; é dicir, procede do taller de Lucius Aemilius Fortis, localizado nas inmediacións de Módena, en Italia.