Conxunto de cinco pesos elaborados en chumbo, cuxas dimensións varían entre os 3 e os 3,4 cm de lonxitude, 1,4 e 1,6 cm de largo, 1,2 e 1,4 cm de grosor e os 0,4 e 0,6 cm de diámetro do orificio interno. O peso oscila entre 24,8 e 28,4 g. Todas as súas características permiten incluílas entre as pesas de chumbo ocas, elaboradas a partir dunha lámina dobrada sobre sí mesma xerando unha sección en U. Os pesos de chumbo están ben documentados na Península Ibérica, sendo os máis antigos os procedentes de factorías púnicas.
Peza do mes
Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.
Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.
A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.