Molde de arxila. Castro Coto do Mosteiro
Nas excavacións realizadas no xacemento arqueolóxico chamado Coto do Mosteiro, situado nun outeiro dominante a 4.5 km da vila ourensá do Carballiño, de todos os materiais recuperados, o que máis chamou a atención no seu momento, foi a gran cantidade de moldes de arxila para facer obxectos metálicos. Entre os fragmentos recuperados pódense distinguir moldes para elaboración de alfinetes (prendedores de roupas ou cabelos) con cabeza máis ou menos decorada. Polo material recuperado ó que se asocian estes moldes, cronoloxicamente situaríanse no século I a.C.