NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do mes

 

Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.

Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.

A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.

 

Decembro 2014
-
Xulio Rodríguez González

Unha das características máis sobresaíntes da civilización romana é o uso da escritura, en diferentes soportes e con diferentes instrumentos. Na súa expansión, os romanos, integraron outras culturas con linguas e alfabetos diferentes, pero paulatinamente foise impoñendo en todos os territorios o alfabeto latino e a lingua latina, e con eles a utilización da escritura como vehículo de comunicación.

Novembro 2014
-
Vicente Rodríguez Gracia

Da peza do mes, positivo sobre papel «Valca» de 18,5 x 11,5 cm, con marxe branca de 1 mm, reproducindo a fonte de El Bosque no Xardín do Posío, descoñecemos a data exacta de ingreso no Museo, así como o seu doador e mesmo a data na que foi tomada. Polo tipo de vexetación, indumentaria do neno que se asoma ao peitoril da fonte e data do seu traslado calculamos a súa toma entre 1950 e 1968.

Só está clara a súa autoría: «A. Pacheco» (sinatura no ángulo superior dereito).

Outubro 2014
-
Justo Carnicero Méndez-Aguirre

Coincidindo co aniversario do nacemento do Padre Feijoo en Casdemiro, Ourense, o 8 de outubro de 1676, preséntase a Peza do Mes cun estudio da súa Folla de Grao. A importancia desta folla reside en ser o primeiro documento impreso da obra dun home do que, tan só ao longo do século XVIII -segundo Marañón- chegaron a imprimirse 420 mil volumes. Xa no ano 1786 fixéranse 200 reedicións.

Setembro 2014
-
Ana María Veiga Romero

A cista da Forxa e o enxoval que contiña, foi achado de maneira casual por don Secundino Vieito Tarrazo, veciño do lugar, nunha leira da súa propiedade en 1995 e depositada no Museo. Probablemente sexa unha cista de inhumación e, dadas as dimensións, o cadáver tería que estar en posición flexionada. No seu interior recolléronse os fragmentos de catro recipientes cerámicos de perfil troncocónico e fondo plano; dous conservaban a asa. Un deles foi analizado, obténdose unha cronoloxía de 1746-1523 a. C.

Xuño 2014
-
Juan Diego Conde Eguileta e Santiago Vilar Labarta

A colección de armas, formada nos primeiros anos de vida do Museo polos membros da Comisión de Monumentos, mostra, unha vez máis, a diversidade das súas coleccións e a evolución dos gustos á hora de crealas.

Maio 2014
-
Sonia Engroba Cabana

Os bens arqueolóxicos, en maior ou menor medida, axúdannos a achegarnos á vida dos nosos antepasados, neste caso, a un aspecto moi humano da vida dos soldados romanos: o xogo.

Abril 2014
-
María del Pilar Núñez Sánchez

Colección de debuxos realizados a tinta sobre papel, doados ao Museo por José Manuel Valencia Sotelo. Están datados e asinados polos seus autores: Vicente Risco, Ernesto Gómez del Valle, Florentino López Cuevillas, Virxilio, Failde, Prego, Camilo José Cela, José Luis López Cid e Conde Corbal. Realizados entre 1954 e 1960 cando estes amigos -escritores, periodistas, pintores, escultores…-  se reunían á hora do café no faladoiro do “Hotel Parque”.

Marzo 2014
-
Belén Lorenzo Rumbao

Prancha calcográfica coa imaxe do Santo Cristo de Ourense, aberta en Madrid por IOAN PEREZ en 1743 segundo consta na borrosa inscrición que figura na parte inferior.

Trátase da lámina ou matriz que serviu para a realización de estampas coa venerada imaxe no século XVIII, no momento de maior desenvolvemento e difusión da estampa de devoción popular.

Febreiro 2014
-
Avelino Rodríguez González

A ermida da Nosa Señora do Posío formaba parte da paisaxe dos arrabaldes da cidade de Ourense, no lugar do mesmo nome. Con intensa vida e finalidades que as veces escapaban do relixioso, desapareceu no século XIX. Como testemuño físico da súa existencia consérvase hoxe no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense esta peza.

Xaneiro 2014
-
José Suárez Otero

O vaso atopado recentemente nunha cova do lugar de Pardollán, no concello de Rubiá de Valdeorras (Ourense), nas abas orientais da Serra da Enciña da Lastra, contextualízase arqueoloxicamente na ocupación das covas cársticas das serras orientais de Galicia durante a Idade do Bronce, e a súa recuperación e ingreso no Museo débese ao grupo de espeleoloxía «Águilas Verdes». Estamos diante, como en tantas ocasións, dun achado fortuíto, valioso por ter sido recuperado para o noso patrimonio arqueolóxico.