A Folla de Grao do Padre Feijoo
Coincidindo co aniversario do nacemento do Padre Feijoo en Casdemiro, Ourense, o 8 de outubro de 1676, preséntase a Peza do Mes cun estudio da súa Folla de Grao. A importancia desta folla reside en ser o primeiro documento impreso da obra dun home do que, tan só ao longo do século XVIII -segundo Marañón- chegaron a imprimirse 420 mil volumes. Xa no ano 1786 fixéranse 200 reedicións.
Esta folla de grao será una das pezas que formará parte da exposición O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria, organizada pola Consellería de Cultura a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e que se poderá visitar no Centro Social Afundación, na Praza Maior de Ourense.