NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Stylus. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Stylus. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Decembro 2014
-
Xulio Rodríguez González
Stylus. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Stylus. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Unha das características máis sobresaíntes da civilización romana é o uso da escritura, en diferentes soportes e con diferentes instrumentos. Na súa expansión, os romanos, integraron outras culturas con linguas e alfabetos diferentes, pero paulatinamente foise impoñendo en todos os territorios o alfabeto latino e a lingua latina, e con eles a utilización da escritura como vehículo de comunicación.

Para escribir, ademais de saber, son necesarios dous elementos básicos: un instrumento co que trazar as letras e un soporte sobre o que escribir. Cómpre sinalar a aparición, na galería con pórtico dunha casa, no conxunto arqueolóxico – natural de Santomé, nun ambiente tardorromano, dun stylus de bronce, que ten corpo cilíndrico cun engrosamento para facilitar a presión xusto por encima da punta afiada que serve para escribir, e no outro extremo, unha espátula destinada a pequenas correccións para borrar sobre a cera que se escribe. A punta de ferro encaixábase no corpo como un elemento independente, que neste caso falta.

A peza que mostramos, xunto cunha caixa de selo procedente do mesmo xacemento, pon de manifesto o nivel cultural dos habitantes do Santomé galaicorromano e a existencia dunha correspondencia epistolar, un novo aspecto da vida cotiá sobre o que nos ilustra este importante xacemento arqueolóxico.