Elemento arquitectónico da ermida da Nosa Señora do Posío
Elemento arquitectónico da ermida da Nosa Señora do Posío
A ermida da Nosa Señora do Posío formaba parte da paisaxe dos arrabaldes da cidade de Ourense, no lugar do mesmo nome. Con intensa vida e finalidades que as veces escapaban do relixioso, desapareceu no século XIX. Como testemuño físico da súa existencia consérvase hoxe no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense esta peza.