NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do mes

 

Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.

Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.

A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.

 

Decembro 2017
-
Xulio Rodríguez González

A peza obxecto de análise documentouse na campaña de escavación realizada no ano 2003 no recinto superior do castro do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé onde se descubriu o muíño, asociado a outro de características semellantes xunto a unha gran cantidade de fragmentos cerámicos que despois do proceso de restauración se concretaron en catro recipientes que funcionarían como grandes contedores, previsiblemente de cereais.

Novembro 2017
-
Vicente Rodríguez Gracia

A peza de novembro é o positivo (dun negativo de 35 mm) dunha vista da Cruz de Montealegre tomada por D. Xoaquín Lorenzo Fernández «Xocas» na década dos 50 do pasado século, posiblemente nunha excursión ao lugar compartida con Failde, Fariña, Tanco, López Cid e outros.

Outubro 2017
-
Belén Lorenzo Rumbao

O tesouriño de Calvos de Randín é un conxunto de tortas-lingote de prata de moi alta calidade, de probable importación do sur de España, ocultos no seu día, en plena cultura castrexa, entre os anos 213 e 88 a.C., cun alto valor económico, cunha función primaria vinculada á ourivería e unha posible secundaria pre-monetaria.

Setembro 2017
-
Roberto Aneiros García

Esta zanfona (inv. CE000690) foi doada por Faustino Santalices Pérez (Bande, 1877 – Madrid, 1960) á Comisión Provincial de Monumentos en 1904.

Naquel momento o doador era un mozo de vinte e sete anos que había seis anos que comezara a súa colección de zanfonas, a primeira comprouna en 1898 e a do museo estaría tamén entre as súas adquisicións iniciais.

Xuño 2017
-
Ana María Veiga Romero

Os puñais de antenas, así denominados polas características prolongacións en que rematan as súas empuñaduras, son unha das pezas máis representativas da Idade do Ferro do noroeste peninsular. Na súa fabricación, como nun crisol, fusionaranse tradicións metalúrxicas de orixe mediterránea, atlántica e centroeuropea. O resultado é unha nova arma, froito da asimilación de influencias diversas, cunhas características propias que a converterán na arma castrexa por antonomasia.

Maio 2017
-
Tomás Vega Avelaira

En 1964 produciuse no castro da Muradella –próximo ao pobo de Mourazos (Verín)–, un achado sen precedentes na arqueoloxía ourensá: un grupo escultórico en mármore de época romana representando a Dionisio e Ampelos. Naquel momento Jesús Taboada Chivite tiña o cargo de delegado do Servizo Nacional de Escavacións Arqueolóxicas e, en consecuencia, realizou as xestións oportunas para proceder ao seu rápido ingreso no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que aconteceu nese mesmo ano.

Abril 2017
-
Martiño Xosé Vázquez Mato

O coñecido como Castro da Saceda ou A Cidá sitúase nun outeiro cónico no centro da penechaira conformada polas barbas da Serra do Larouco na súa caída cara o val do Támega, no concello de Cualedro (Ourense). O poboado configúrase arredor de tres recintos amurallados, dispostos en medias lúas defensivas xustapostas a modo de chanzos a diferente altura cara ao suroeste, sistema reforzado cun sistema de foxo-parapeto nas zonas de máis doado acceso. Este programa defensivo adáptase á topografía do outeiro para acadar un espazo habitable.

Marzo 2017
-
María del Pilar Núñez Sánchez

As dúas fotografías que presentamos corresponden a un dos espectáculos de José Piñeiro González “o aviador Piñeiro”, o primeiro home galego en pilotar un avión. Son copias de placas de cristal realizadas o 13 de xullo de 1913 en Ribadavia con motivo das festas e forman parte dunha extensa e variada colección, doada hai uns trinta anos por Pablo García Vázquez ao fotógrafo Fernando del Río e que hoxe forman parte dos fondos documentais do Museo.

Febreiro 2017
-
Francisco Javier Pérez Rodríguez

No conxunto do monacato medieval galego San Pedro de Rocas posúe un lugar especial e destacado. De alí procede a peza protagonista destas liñas: a lápida que, considerada en ocasións «fundacional», se conserva na actualidade no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Trátase dunha inscrición feita nunha lousa de granito en que figura un texto repartido en catro liñas, rodeado por unha soga que, partindo do lado dereito, divide o espazo central en dúas partes, con dúas liñas de texto sobre e baixo ela. A soga remata no espazo esquerdo nunha cruz.

Xaneiro 2017
-
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

Domingo Fontán Rodríguez é un home moi recoñecido pero pouco coñecido. Desde 2004 unha fundación leva o seu nome e terma exemplarmente da súa memoria. Naceu no lugar de Porta de Conde, ao pé de Caldas de Reis, en 1788 e era membro dunha familia de «no escasa fortuna». Estudou en Noia cun tío crego, logo en Santiago. Precoz e extraordinario estudante, finalizou as carreiras de Filosofía e Letras, Teoloxía e Matemáticas, en cuxa facultade, logo doutras ocupacións docentes, foi catedrático de Matemáticas Sublimes desde 1828.