Puñal de antenas. Castro de San Cibrao de Las
Puñal de antenas. Castro de San Cibrao de Las
Os puñais de antenas, así denominados polas características prolongacións en que rematan as súas empuñaduras, son unha das pezas máis representativas da Idade do Ferro do noroeste peninsular. Na súa fabricación, como nun crisol, fusionaranse tradicións metalúrxicas de orixe mediterránea, atlántica e centroeuropea. O resultado é unha nova arma, froito da asimilación de influencias diversas, cunhas características propias que a converterán na arma castrexa por antonomasia.