Céltiga e outras revistas americanas no Mapour

Céltiga e outras revistas americanas no Mapour

Marzo 2024
-
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández
Revista Céltiga
Revista Céltiga

A Biblioteca do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense está integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e contén unhas 20.000 monografías e 1.200 revistas, das que 233 son vivas.

De acordo coa gran relación mantida entre Galicia e América, consérvanse numerosas revistas desta procedencia tanto propias da colectividade galega –tal que Céltiga– como publicacións científicas ligadas aos institutos, academias ou universidades.

A revista Céltiga desenvolveu a súa actividade entre 1924 e 1932. A idea foi publicaren unha revista cultural coidada, de estética moderna, aberta ao diálogo cultural coa Arxentina, de orientación progresista, republicana, hispanista, galeguizadora da colectividade e viable economicamente.