Instrumentos de medición

Instrumentos de medición

Maio 2024
-
María del Pilar Núñez Sánchez
Caixa de tabaco flamenga con almanaque
Caixa de tabaco flamenga con almanaque

Para esta peza do mes seleccionamos un pequeno conxunto de instrumentos de medición. En primeiro lugar, e, pola súa singularidade, damos a coñecer unha caixa de latón, rectangular, cos extremos curtos redondeados. A tapa únese mediante bisagras e, o mesmo cá base, leva un bordo de cana. Correspóndese cunha caixa para gardar tabaco, de orixe flamenga, empregada polos mariñeiros. O seu tamaño, uns 16 cm, permitíalles levala consigo no peto. Está decorada, na parte superior, cuns gravados representando un calendario perpetuo que permite ao propietario determinar o día da semana, e, na inferior, cunha táboa que serve para calcular a velocidade do barco.

O segundo instrumento que presentamos é un grafómetro de pínulas, utilizado para realizar medicións de ángulos en procedementos topográficos.

Por último, damos a coñecer un reloxo de sereno en caixa de latón. Este tipo de reloxos de marcación usábanse para poder controlar que o sereno ou garda fixeran a ruta que lles correspondía e á hora acordada, sen que puidesen variala.