POESÍA LOS CANEIROS DE SOFÍA CASANOVA

POESÍA LOS CANEIROS DE SOFÍA CASANOVA

Xuño 2025
-
Andrés García Carneiro

O poema Los Caneiros, composto por Sofía Casanova en 1912 tras asistir á romaría homónima celebrada en Betanzos, constitúe unha emotiva homenaxe á súa Galicia natal, á que regresaba despois dunha prolongada ausencia. Aínda que existen varias copias do poema, destaca especialmente a conservada no MAPOU, asinada pola autora, aínda que carece de datación por atoparse entre os papeis descontextualizados de Xesús Ferro Couselo. Casanova, figura pioneira do xornalismo de guerra, foi testemuña directa de conflitos como a “Gran Guerra” e a Revolución Rusa.