Esta exposición, producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, foi pensada para render homenaxe a todos aqueles arqueólogos que fixeron posible reconstruir a nosa historia. A través das fotografías expostas, hoxe auténticos documentos históricos, podemos coñecer o seu traballo.
Exposicións
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece unha mostra sobre Diego Quiroga Losada, Marqués de Santa María del Villar (1880 – 1976), fotógrafo de orixinal personalidade, cunha profunda preocupación pola protección e defensa do patrimonio cultural.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a súa historia como institución están intimamente ligados á investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense.
Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que, co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.
Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é a segunda exposición itinerante producida pola Unidad de Cultura Científica e Innovación (UCC+i) do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana). Trátase dunha proposta didáctica ampla, discutible e contestataria ao discurso tradicional sobre a evolución humana coa que se pretende colaborar na difusión dunha ciencia veraz e inclusiva, que no posible transcenda etnocentrismos e prexuízos.
Vídeo coa evolución da cidade realizado para a exposición “Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX”
Por medio da documentación custodiada nos diferentes arquivos de Galicia e de pezas representativas dese momento, mostrase a evolución da cidade de Ourense neses cinco séculos. Completa a exposición un vídeo coa evolución urbana e recreacións en 3D de edificios que forman parte do que se coñece como arquitectura de papel e doutros xa desaparecidos.
Do 26.11.2015 ao 28.02.2016
Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum
Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum