Esta exposición é unha homenaxe á mirada. A esa capacidade de ver máis lonxe do evidente, de encontrar a beleza no irregular, de converter en arte o que parecía ser só documento. O fotógrafo non impón unha visión: revélaa. Cos seus estudos, propón unha forma de mirar, que é tamén un xeito de comprender, de coidar e de valorar o patrimonio que nos rodea. Cada muro ten voz, cada arco ten eco, cada pedra unha historia que merece ser escoitada. É suficiente mirar con atención para que todo cobre un novo sentido.
Exposicións
Exposición fotográfica organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que, tras ser exposta na cidade, vai itinerar por diferentes localidades da nosa provincia.
De marzo a xuño poderemos desfrutala no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
O mércores 20 de setembro, tivo lugar o acto de inauguración da exposición de fotografías OURENSE. ANOS 20, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, no Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20).
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense produciu a exposición “Ourense. Anos 20”, comisariada por Avelino Rodríguez, que recolle con corenta imaxes aspectos da vida social, económica e cultural da cidade e da provincia durante os convulsos anos vinte do século pasado, con fondos propios do museo e cesións doutras institucións e particulares.
-
Onde:
Praza Maior, 4. Ourense -
Datas:
2 decembro / 26 febreiro 2023
-
Horario:
Luns a venres: de 17.30 a 20.30 h
Sábados, domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30 h
-
Entrada:
Gratuíta
O venres 2 de decembro, ás 12 horas, tivo lugar o acto de inauguración da exposición "Plástica Castrexa" organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na sala de exposicións Afundación en Ourense (Praza Maior, 4).
Con motivo da exposición “Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán” elabórase este vídeo sobre a creación e estampaxe dun gravado a punta seca co artista plástico Roberto González Fernández.
Éxito de público na visita guiada á exposición: «Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán» organizada polo Museo Arqueolóxico e realizada pola Comisaria da exposición, Prof. YOLANDA BARRIOCANAL LÓPEZ.