O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense produciu a exposición “Ourense. Anos 20”, comisariada por Avelino Rodríguez, que recolle con corenta imaxes aspectos da vida social, económica e cultural da cidade e da provincia durante os convulsos anos vinte do século pasado, con fondos propios do museo e cesións doutras institucións e particulares.