Exposicións
As obras de rehabilitación do edificio histórico do Museo Arqueolóxico, o Pazo do Bispo na Praza Maior de Ourense, supoñen a necesidade de buscar outras alternativas para cumprir as funcións que os museos teñen encomendadas. Unha parte importante das coleccións do museo son os fondos pétreos de gran tamaño. Algúns destes fondos que aínda permanecían na antiga sede, conforman a partir de hoxe a exposición FONDOS PÉTREOS no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las.
Recordamos que a sala de exposicións “Escolma de escultura“, ubicada ao carón do Claustro de San Francisco na cidade de Ourense, ten abertas as súas portas ao público cun aforo limitado.
Convidamosvos a visitar este interesante espazo da nosa cidade e a excelente escolma de escultura que acolle, con pezas que abranguen unha ampla cronoloxía dende a Idade do Bronce ata o Barroco.
Horario:
De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas
Domingo de 9.00 a 15.00 horas
Luns e festivos pechada
Dende o 20 de novembro de 2019 ata o 8 de marzo de 2020 permanecerá aberta na Sala de Exposicións Afundación en Ourense (praza Maior, 4) a exposición SANTOMÉ. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Horario:
De luns a venres de 17.30 a 20.30h
Sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h
Entrada de balde.
Marcelo Macías 175 Aniversario. Cruz de Montealegre from musarqourense on Vimeo.
Dende o 31 de outubro de 2018 ata o 20 de xaneiro de 2019 permanecerá aberta na sala de exposicións Afundación en Ourense (praza Maior, 4) a exposición MARCELO MACÍAS. 175 ANIVERSARIO, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Horario:
De luns a venres de 17.30 a 20.30h
Sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h
Entrada de balde.
A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico ademais de ofrecer imaxes vistosas e mesmo espectaculares dos xacementos é, por riba de todo, unha ferramenta de traballo que detecta as anomalías na superficie da terra derivadas da presenza do home.