A partir da revolución ocasionada con motivo da aparición da imprenta, o medio escrito convértese nunha das canles de comunicación máis eficaces para a transmisión do coñecemento e dos descubrimentos. O Camiño de Santiago, como roteiro cultural europeo antonomástico, foi unha das vías de intercambio deses saberes preferidos polas xentes de cultura. Deste xeito, nesta mostra expóñense os documentos que, vinculados ao culto xacobeo, transitaron desde as imprentas compostelás ata lugares ben distantes, nos que se daba conta dos avatares que na cidade do apóstolo sucedían.
Desde compostelas, ata foros ou argumentos a favor ou en contra do padroado de Santiago de España, esta exposición permitirá coñecer o devir dun culto con séculos de antigüidade.
A área Didáctica elaborou un completo programa educativo, desde infantil ata público adulto, para coñecer con profundidade as riquezas da imprenta e os significados da simboloxía xacobea:
4º PRIMARIA a 2º ESO | VISITA CREATIVA | Peregrinos de papel e tinta
3º E 4º ESO, BACHARELATO E CF | VISITA DEBATE | Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán
Para información e reservas: areaeducativa@afundacion.org ou chama ao 988 391 746.