O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase, dentro do seu calendario expositivo, ao programa cultural e actos programados no Xacobeo 2021 coa exposición SÍMBOLOS XACOBEOS E IMAXES DE SANTIAGO NOS IMPRESOS DO BARROCO COMPOSTELÁN. Esta iniciativa, concibida desde unha base fundamentalmente divulgativa, propón unha renovada visión da figura do Apóstolo Santiago a partir dunha escolma de impresos, con presencia de estampas xacobeas, que viron a luz nas imprentas composteláns nos séculos XVII e XVIII.