A sesión presentou o documental producido por Illa Bufarda SCG que acompaña a investigacións de María Martín Seijo, Pepas Rey e Tito Ledo, acerca da tecnoloxía desenvolvida na Idade do Ferro en cerámica a partir de modelos de madeira. Un exemplo de como o audiovisual pode democratizar o coñecemento e poñer en valor o traballo científico e artesanal.
O proxecto, ligado a Plantcraft, analiza pezas cerámicas singulares que imitan obxectos orixinariamente de madeira, asociados aos avances tecnolóxicos da produción toneleira antiga. Tito Ledo, artesán da madeira, recreou estas pezas en base aos estudos arqueolóxicos, permitindo comprender mellor a súa fabricación e posible uso.
As investigacións suxiren vínculos coas «tankards» empregadas para beber cervexa e co transporte de viño en toneis en época romana. Aínda que a súa funcionalidade segue aberta á interpretación, o documental amosa como a arqueoloxía experimental permite revivir técnicas e obxectos desaparecidos, ausentes dos castros galegos por non conservarse a madeira.