O Museo naceu por iniciativa da Comisión Provincial de Monumentos en 1845, e tivo a súa sede no edifico do antigo Colexio dos Xesuítas da actual rúa de Lamas Carvajal, de onde foi desaloxado en 1852, dispersándose os seus fondos, trasladándose despois ás oficinas da Deputación Provincial, que por aquelas datas se atopaba no antigo Convento de San Domingos.
Busca
Na colección do Museo recóllese unha panorámica sobre a presenza romana neste recanto de Galicia e que marca os fitos da conquista e organización do territorio -campamento romano de Aquis Quarquernis-, a reorganización do poboamento castrexo e a súa transformación en novos núcleos como é o caso de Castromao -Coeliobriga como se pode identificar pola mención explícita da tessera hospitalis na que se recolle o tratado de hospitalidade recíproca entre os seus habitantes, os Coelerni, e o Prefecto da I Cohors dos Celtiberos-, o da Cidade do Castro de San Millán (Cualedro) ou o máis próximo a Ou
O edificio onde ten a súa sede o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, adquirido para este fin en 1951, foi con anterioridade Pazo Episcopal e comezou a ser edificado no primeiro terzo do século XII polo bispo don Diego II (1100-1132), conservando parte do seu núcleo orixinal (no que hai que incluír as partes construídas entre o comezo da obra e o episcopado de don Lorenzo, 1218-1248) ó redor do claustro.
A través das coleccións do museo podemos facer un percorrido polas diferentes culturas e pobos que ocuparon o terreo da provincia de Ourense ó longo da súa historia.
Os primeiros testemuños de ocupación humana corresponden ó paleolítico, con mostras representativas de xacementos como A Piteira, As Eiroás, A Regata, etc. Tamén os enxovais procedentes das escavacións de necrópoles megalíticas como as do Val do Salas, Monte Albán, Mugueimes, Muíños, Outeiro de Cavaladre e diversos machados dispersos da mesma etapa cultural.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense encóntrase inmerso nunha ampla reforma que afecta ó edificio no que ten a súa sede, o primitivo pazo do bispo de Ourense, sito na Praza Maior da Cidade.
As obras obrigan a manter pechado ó público os espazos expositivos e a ter nun emprazamento provisorio o resto dos servizos do Museo, en tanto non se recupera como unha totalidade o edificio, que é o conxunto mellor conservado do románico civil, ao que se engadiron elementos posteriores que acrecentan o seu valor construtivo.
A escasamente 3 km da capital, seguindo a estrada que dende Ourense conduce ao próximo lugar de Velle, antiga estrada de Monforte, e despois de cruzar o río Loña, unha pista á dereita leva ao xacemento. Salvando o curso do río, a ponte da Loña, dun só arco oxival, da que hai referencias dende comezos do século XIII, e restaurada recentemente, constitúe un magnífico vestixio medieval.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense dispón dun amplo e interesante arquivo fotográfico.
É posible solicitar a reproducción do fondo fotográfico do Museo a través da cumplimentación e envío por correo ordinario ou fax do formulario de autorización correspondente.
#aculturasegue Esta peza inaugurou en 1999 a “Peza do mes” que hoxe en día segue[...]
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Páxina Seguinte
- Last page