Busca
A peza deste mes, coa que pechamos o ano 2011, está representada por un conxunto de elementos de sítulas, entre as que destacan dúas practicamente enteiras, procedentes de diferentes campañas e áreas do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé.
A peza que hoxe nos ocupa trátase dun canto rodado, ovalado, case circular, de 76 x 67 mm, aplanado, cun grosor máximo de 30 mm e un peso de 202,2 gr. É de cuarcita gris, de gran fino. Sobre os extremos do eixe maior presenta extraccións, realizadas con percusor duro, dous en cada extremo, en forma de lascas duns 25-30 mm, asimétricas nun deles, que producen a ambos os dous lados do artefacto unhas marcas. A peza foi achada en superficie o 17-VIII- 1975, xunto a varias decenas similares e numerosos picos “camposanquienses”, na praia interior de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).
O Museo Arqueolóxico provincial de Ourense ten unha especial dedicación cara aos documentos relacionados coa propia historia do núcleo onde ten a súa sede, ata o punto de que no seu proxecto museolóxico un dos eixes de articulación é a historia da cidade, a carón dos da historia do edificio e a do ámbito territorial da Provincia ao longo dos tempos.
O Tratado de Arquitectura de Sebastián Serlio, tamén coñecido como Sete libros de Arquitectura, do que a biblioteca do Museo Arqueolóxico ten un exemplar do Libro Terceiro e outro do Libro Primeiro e Segundo, foi unha obra de referencia excepcional para os arquitectos durante séculos. No momento da súa publicación foi recibido como o necesario manual ilustrado práctico, didáctico e con numerosos exemplos que facilitaban a comprensión do exposto, presentado de maneira concisa e breve.
Esta cruz procesional, realizada en bronce na segunda metade do século XVI, estaba destinada a cubrir as necesidades cotiás do culto divino dunha freguesía que descoñecemos. Segue o tipo máis característico do Renacemento, en forma de cruz latina de brazos lixeiramente abalaustrados e decoración a candelieri. Ingresou no museo a través da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense.
Esta obra é unha das pezas senlleiras da colección de Belas Artes do Museo e un dos cadros máis coñecidos, reproducidos e aprezados no conxunto da produción do seu autor, o pintor ourensán e membro da Xeración Doente, Ramón Parada Justel (1871-1902).