Na conferencia de onte, titulada “O berce do Homo erectus no altiplano etíope: os xacementos de Melka Kunture”, o profesor da UVIGO Eduardo Méndez Quintas destacou a importancia deste enclave para o estudo da evolución humana. A zona, que vén sendo investigada desde 1962 e actualmente baixo dirección italo-española, proporcionou unha secuencia arqueolóxica excepcional.
Busca
Esta exposición é unha homenaxe á mirada. A esa capacidade de ver máis lonxe do evidente, de encontrar a beleza no irregular, de converter en arte o que parecía ser só documento. O fotógrafo non impón unha visión: revélaa. Cos seus estudos, propón unha forma de mirar, que é tamén un xeito de comprender, de coidar e de valorar o patrimonio que nos rodea. Cada muro ten voz, cada arco ten eco, cada pedra unha historia que merece ser escoitada. É suficiente mirar con atención para que todo cobre un novo sentido.
A peza consiste nun amuleto fálico elaborado en ámbar do Báltico, concibido para o uso individual a xeito de colar. Aínda que en museos españois se conservan numerosos exemplares semellantes, non é habitual que aparezan tan ben contextualizados. Neste caso, o achado procede da campaña arqueolóxica de 2015 en Aquae Querquennae.
-15:30 h traslado en autobús desde Xoán XXIII (tras da Subdelegación do Goberno https://maps.app.goo.gl/SZ531fUpKsZhVQaA7)
-16:30 h Inicio da visita guiada ao campamento de Aquae Querquennae da man de Santiago Ferrer Sierra
-18:00 h saída de regreso a Ourense, a chegada será a rúa Xoán XXIII (tras da Subdelegación do Goberno https://maps.app.goo.gl/SZ531fUpKsZhVQaA7)
Recoméndase calzado cómodo.
Na conferencia, Lino Gorgoso López afondou na historia de Brandomil, paso único do río Xallas ata o século XVII, a través do coñecido como “ponte romana”, usado ata mediados do século XX. O estudo recente do trazado antigo permitiu en 2019 identificar a antiga vía e en 2023 deixar un tramo de 90 metros á vista, mostrando un camiño real de gran envergadura, tamén se atoparon restos de pavimento que poderían ser romanos.
Tejerizo desmontou a visión da Alta Idade Media como “escura”, amosando a riqueza das aldeas e a iniciativa do campesiñado galego. Destacou o debate entre continuidade e ruptura cos castros así como o colapso do mundo romano co declive de cidades e vilas. O nacemento de novos asentamentos rurais con silos soterrados, casas sinxelas pero duradeiras e unha organización complexa e estable afastase moito da idea de inestabilidade. Varios exemplos mostran aldeas planificadas con barrios, cemiterios e distintos modelos de urbanismo.
📢 Aviso importante
O sábado 13 de setembro de 2025 por mantemento a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 15 horas.
O domingo 14 abrirá no seu horario habitual.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
Os días 24 e 25 de setembro, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza as Xornadas de Museos e Arqueoloxía, que se celebrarán no auditorio 1 do edificio CINC, na Cidade da Cultura. As inscricións realizaranse a través do correo servizo.museos.cultura@xunta.gal.
Sánchez Pardo mostrou como a documentación escrita e a arqueoloxía permiten afastarse da idea dunha época “escura”. As fontes escritas amosan unha complexa articulación do territorio con vilas, vilares, lugares e casares. Escavacións como as de Combarro ou Portomeio revelan aldeas, necrópoles e fortalezas ben planificadas, así como cerámicas e restos domésticos que permiten reconstruír a vida cotiá.
Eguileta explicou como a arqueoloxía municipal nace vinculada ao urbanismo e á ordenación do territorio. A Lei de Patrimonio Histórico Español de 1985 foi decisiva ao recoñecer o patrimonio arqueolóxico como ben público, obrigando a incluílo nos PXOMs e inventarios municipais. Isto deu lugar á creación de gabinetes de arqueoloxía, responsables de protexer e xestionar estes bens. Subliñou a importancia da arqueoloxía preventiva, que substitúe en boa medida á de urxencia, aplicando niveis de cautela ás obras segundo a terra que se remova.
O xacemento arqueolóxico de Aquae Querquennae (Baixa Limia, Ourense) constitúe un dos campamentos romanos máis importantes da Península Ibérica, grazas ás escavacións e ás prospeccións xeofísicas, que permitiron reconstruír a súa ordenación urbanística e identificalo como base da Cohors III da Legio VII Gemina, ligada á construción da Vía Nova a finais do século I e comezos do II d.C. O labor de investigación e difusión foi impulsado durante cincuenta anos polo catedrático Antonio Rodríguez Colmenero e o Grupo Arqueolóxico Larouco.
Axenda de outubro 2025:
- Presentación da peza do mes: "Cerámicas cincentas, Campamento de Aquae Querquennae", da man de Santiago Ferrer Sierra.
📝 Entrada libre ata completar capacidade.
📍 Onde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)
📅 Cando: Mércores 8 de outubro, ás 20:00 h.
Martiño Vázquez Mato relatou a evolución das escavacións no Castelo de San Xoán de Bara. Co uso de tecnoloxía LIDAR en 2018 descubriuse unha muralla que amplía o antigo perímetro coñecido ata unhas 16 hectáreas.
O Museu de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa organiza as xornadas “Nortear a Cerâmica” os días 30 e 31 de outubro en Braga.
As Xornadas “Nortear a Cerâmica”, na súa primeira edición, reúnen a especialistas en distintas áreas do coñecemento, cuxo enfoque principal se centra nas coleccións de cerámica existentes en institucións museísticas e centros interpretativos situados na rexión Norte de Portugal, contribuíndo ao coñecemento, conservación e valorización do patrimonio cerámico portugués.
Axenda de novembro 2025 📅
Arqueoloxía en monodose 🔍
Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)
Cando: Os luns, ás 19:30 h 🕢
A sesión presentou o documental producido por Illa Bufarda SCG que acompaña a investigacións de María Martín Seijo, Pepas Rey e Tito Ledo, acerca da tecnoloxía desenvolvida na Idade do Ferro en cerámica a partir de modelos de madeira. Un exemplo de como o audiovisual pode democratizar o coñecemento e poñer en valor o traballo científico e artesanal.
Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon (1707–1788), foi un naturalista francés nacido en Montbard (Borgoña), recoñecido como un dos principais precursores da bioloxía moderna e da teoría evolutiva.
Luís Orero presentou os achados arqueolóxicos realizados nas obras do colexio das Josefinas e no Xardín do Posío, dous espazos clave para comprender a historia romana e medieval de Ourense.