Arqueoloxía en monodose: “Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dunha idade escura” por José Carlos Sánchez Pardo

Arqueoloxía en monodose: “Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dunha idade escura” por José Carlos Sánchez Pardo

Sánchez Pardo mostrou como a documentación escrita e a arqueoloxía permiten afastarse da idea dunha época “escura”. As fontes escritas amosan unha complexa articulación do territorio con vilas, vilares, lugares e casares. Escavacións como as de Combarro ou Portomeio revelan aldeas, necrópoles e fortalezas ben planificadas, así como cerámicas e restos domésticos que permiten reconstruír a vida cotiá. O papel dos mosteiros, como Samos, con grandes propiedades, foi clave na organización agraria e relixiosa, deixando pegada no territorio, un exemplo sería as terrazas de cultivo e igrexas que evidencian a continuidade e transformación do mundo romano. Lonxe dunha etapa de escuridade, a Alta Idade Media galega aparece como un tempo de innovacións, planificación social e interacción entre campesiñado, aristocracia e igrexa.