As conferencias “Gallaecia, o Reino Suevo e Galicia”, impartida por Francisco Pérez Rodríguez, e “Presenza visigoda no Bispado Bracarense: o exemplo do Alto Támega”, a cargo de Víctor Rodríguez Muñiz, ofreceron unha visión complementaria sobre a transición do mundo romano á plena Idade Media no noroeste peninsular, centrándose na evolución política, territorial e material da antiga Gallaecia.
Busca
A intervención «Da arquitectura á arqueoloxía des igrexas altomedievais hispánicas (séculos VIII-X)», impartida por María Ángeles Utrero Agudo, abordou o período altomedieval como un espazo de convivencia e tensión entre a cultura islámica e a cristiá, co 711 como punto de inflexión na evolución construtiva.
Esta peza arqueolóxica, coñecida como Cruz Embolada, foi atopada no ano 2024 no Castro de San Vicenzo, en Avión, un asentamento fortificado da Idade do Ferro. Trátase dunha lousa de granito de 63 x 44 x 10 cm que presenta un gravado con forma de cruz embolada, entendida como un motivo de tipo labiríntico con desenvolvemento en cruz.
Axenda de xuño 2026:
-Arqueoloxía en monodose: “Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba” por Manuel García Cabo
A intervención «Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba», impartida por Manuel García Cabo, presentou os resultados das campañas de escavación no xacemento. As sondaxes iniciais amosaron resultados non diagnósticos, revelando estruturas murarias, tumbas, algunhas destruída por muros medievais.
A intervención «A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias», impartida por Guillermo Díaz Bouzas, abordou o impacto da IA na xestión museística, nun contexto de sobrecarga informativa onde estas ferramentas facilitan a toma de decisións e a automatización de tarefas.
Esta figura sentada de barro cocido (30 × 22 × 30,5 cm), realizada entre 1940 e 1979, é obra do escultor ourensán Antonio Faílde (Ourense, 1907–1979). Formado no oficio da cantería dende neno nas canteiras de Piñor e despois na Escola de Artes e Oficios da cidade e Escola Superior de Belas Artes de San Fernando (1934) en Madrid. Desenvolveu unha intensa actividade expositiva en cidades como Ourense, Vigo, Madrid, Bos Aires, A Habana ou Barcelona. En 1957 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Axenda de setembro 2026:
-Arqueoloxía en monodose: “Dende hai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026” por Luis Grau Lobo
A intervención do pasado luns no ciclo «Arqueoloxía en Monodose» de Luis Grau, director do Museo de León, acerca da historia da institución leonesa e o proceso da montaxe na súa actual sede na praza de Santo Domingo de León, pódese consultar no canal de YouTube do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
A conferencia de onte no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Emilio Ramil sobre Monumentos con Forno en castros costeiros do Ortegal e da Mariña Lucense, pódese visualizar a continuación.
A conferencia do pasado luns no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Pilar Fatás Monforte sobre o Múseo Nacional de Altamira, pódese visualizar a continuación:
A conferencia de onte no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Tania Mosquera Castro sobre a arte parietal paleolítica atopada en Cova Eirós (Triacastela, Lugo), pódese visualizar a continuación.
Axenda de outubro 2026:
-Arqueoloxía en monodose: “O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)” por Mario César Vila
En 1887 inaugurouse en Ourense a estatua do Padre Feijoo, nun contexto de celebracións polo II Centenario do seu nacemento. Entre os elementos efémeros construídos para a ocasión destacou un arco triunfal de carácter neomudéxar, deseñado por Antonio Torres Tirado. A estrutura, situada na antiga Travesía da rúa de Alba, estaba formada por un gran arco de ferradura flanqueado por dúas torres ameadas.
O pasado luns 5 de outubro, dentro do ciclo Arqueoloxía en Monodose, Mario César Vila expuña os resultados da intervención desenvolvida no xacemento de Reza Vella (Ourense) motivada polas obras da chegada da Alta Velocidade a Ourense.
Entre os resultados destaca a documentación dunha vía secundaria (a VIII?), construída en época flavia e que foi obxecto dunha importante remodelación do seu trazado en época tardoimperial; quedando probada a existencia dun vial na marxe dereita do Miño.
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web de Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Este buscador permítelle o acceso aos fondos catalogados en Domus (Sistema Integrado de Documentación e Xestión Museográfica) desenvolvido polo Ministerio de Cultura e implantado nos Museos de Galicia polo Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para facilitar o acceso da cidadanía ao patrimonio galego.
#aculturasegue O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense plantexa con motivo do #DIM2020 (Día Internacional dos[...]
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Páxina Seguinte
- Last page