NENO SENTADO

NENO SENTADO

Setembro 2026
-
Ángel Domínguez López

Esta figura sentada de barro cocido (30 × 22 × 30,5 cm), realizada entre 1940 e 1979, é obra do escultor ourensán Antonio Faílde (Ourense, 1907–1979). Formado no oficio da cantería dende neno nas canteiras de Piñor e despois na Escola de Artes e Oficios da cidade e Escola Superior de Belas Artes de San Fernando (1934) en Madrid. Desenvolveu unha intensa actividade expositiva en cidades como Ourense, Vigo, Madrid, Bos Aires, A Habana ou Barcelona. En 1957 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

A peza que tratamos este mes está realizada en terracota e conserva un modelado e unha composición moi próximos aos das súas obras en pedra onde atopou a súa linguaxe máis persoal, especialmente no granito. Nela representa unha figura sedente coas pernas entrecruzadas, inclinada cara á esquerda, cun tratamento de volumes pesados e formas redondeadas que remiten ao Románico e á cantería popular. A obra reflicte así os trazos característicos da súa produción: unha síntese entre o academicismo e a tradición con predilección pola figura infantil e feminina e polo xénero do cotián.