Na sesión do pasado luns 26 de Arqueoloxía en Monodose, tivemos ocasión de coñecer os resultados da intervención arqueolóxica desenvolvida no balneario romano de Lugo pola Fundación L. Monteagudo baixo a dirección de Francisco Alonso Toucido, de Tempos Arqueólogos. Trala presentación do proxecto polo secretario da Fundación L. Monteagudo, Santiago Vázquez Collazo, o arqueólogo Francisco Alonso Toucido presentou as aras, case que todas fragmentadas, a cerámica, moedas, madeiras... e o vaso rectangular alimentado por unha surxencia de auga termal, conxunto presidido por una ampla serie de aras dedicadas ás Ninfas.