O pasado luns 5 de outubro, dentro do ciclo Arqueoloxía en Monodose, Mario César Vila expuña os resultados da intervención desenvolvida no xacemento de Reza Vella (Ourense) motivada polas obras da chegada da Alta Velocidade a Ourense.
Entre os resultados destaca a documentación dunha vía secundaria (a VIII?), construída en época flavia e que foi obxecto dunha importante remodelación do seu trazado en época tardoimperial; quedando probada a existencia dun vial na marxe dereita do Miño.
Queda por localizar a localización de poboamento na área, ao que apunta por exemplo a presencia dun taller artesanal de época romana.